PROXECTOS DE ORDENACIÓN, PLANS TÉCNICOS E DE CORTA
cuestións máis frecuentes SOBRE OS PROXECTOS DE ORDENACIÓN E PLANS TÉCNICOS
CERTIFICACIÓN FORESTAL PEFC E FSC
Preguntas máis frecuentes sobre a Certificación Forestal

Cando un certifica un monte está certificando TODOS os produtos que saen dese monte (madeira, biomasa, cogomelos, froitos silvestres,...) non só o arbolado.

A modalidade de certificación coa que traballamos en CERTIFOREST permite adaptarse á realidade de Galicia de xeito que vostede poderá certificar todo tipo de superficies (pequenas, medianas ou grandes) e especies (eucalipto, piñeiros, castiñeiros, carballos,...).

A modalidade permite certificar tanto masas xóvenes como masas adultas próximas á corta, se ben, o ideal é manter a superficie certificada, no caso das plantacións, dende o inicio da mesma.

O procedemento de certificación do seu monte PEFC consta dos seguintes pasos:

PASO 1:

Unha vez posto en contacto con nos un técnico desprazarase ao seu monte para comprobar o estado do mesmo, as existencias de madeira e outros datos necesarios para elaborar o documento de xestión do monte.

Se a súa superficie individual ou a suma de varias parcelas é menor as 25 ha os seus montes contarán cun Plan Simple de Xestión. Un documento no que se recolle o estado do seu monte (situación, características,...), unha estimación das existencias de madeira e outros produtos que existan nel, e onde se realiza unha programación das accións que vostede ten previsto realizar no mesmo (sempre de acordo co que vostede teña pensado executar nel).

O idóneo é que para un mesmo propietario particular se certifiquen todas as parcelas nas que teña interés dunha soa vez de xeito que aforre á hora de realizar o Plan de Xestión. De todos xeitos vostde pode escoller cantas parcelas desexa certificar sin prexuízo ningún.

Se o seu monte conta cunha superficie continúa de máis de 25 ha (caso dos Montes Veciñais ou algúnhas propiedades particulares) o tipo de documento para a súa xestión marcarao a extensión do mesmo. Neste caso será un Plan de Ordenación ou un Plan Técnico.

PASO 2:

Vostede deberá formalizar mediante a lectura, aceptación e sinatura os seguintes documentos que lle facilitaremos:

  • Solicitude de inscrición en PEFC (é necesario acompañala dunha fotocopia do DNI)
  • Declaración xurada de ser o propieatrio do monte
  • Declaración de compromiso de non cortar a madeira antes de que se atope certificada

PASO 3:

Unha vez formalizada esta documentación e cado nos teñamos elaborado o documento de xestión procederemos a remitir a documenatción a PEFC e a formalizar os pagos correspondentes á inscrición.

PASO 4:

Unha vez revisada a documentación e o documento de xestión por PEFC este procederá a certificar o monte e inscribilo no seu rexistro de montes certificados de atoparse todo correcto.

A CERTIFICACIÓN FSC REQUIRE DUN MAIOR APORTE DE DOCUMENTACIÓN E UN PROCEDEMENTO MÁIS LABORIOSO POLO QUE O INFORMAMOS EN PERSOA PARA A SÚA MELLOR COMPRENSIÓN.

A Certificación PEFC é un acto voluntario polo que vostede poderá solicitar a baixa da mesma cando o estime necesario con só realizar unha comunicación, ben a través nosa, ou ben directamente a PEFC. De todos xeitos, cando un se certifica, enténdese que é coa idea de realizar unha xestión sostible no tempo.

A cota de adscrito ten unha validez de 5 anos durante os cales o seu monte se atopará certificado. Unha vez concluído o período de 5 anos deberá de renovarse a inscrición.

As obrigas as que se somete un monte certificado non difieren, en canto ás obrigas legais, das que poden recaer sobre outro monte non certificado. Só existe diferencia en:

  • Obriga de cumprir o estipulado no Documento de Xestión (Plan Simple, Proxecto de Ordenación ou Plan Técnico) de ahí que á hora da súa redacción se teña sempre moi en conta a opinión do propietario.
  • Obriga de reforestar o monte unha vez realizada a corta, no caso de certifcar masas adultas.

Calquera dúbida que teña oa respecto pode consultárnola sen compromiso. Estaremos encantados de poder axudarlle.

Os prezos da certificación PEFC varían segundo a superficie da que estemos a falar.

Hai que recordar que o que se certifica é a superficie, non a madeira, de ahí que as empresas que ofrecen un prezo por tonelada de madeira, en moitos casos, están a sobreestimar os prezos da certificación dun monte (sobre todo en superficies medianas e grandes con masas arboladas que cubiquen unha tonelaxe importante).

O custo divídese en:

  • Custos atribuídos a PEFC
  • Custos de elaboración do documento de xestión

Dende CERTIFOREST ofrecémoslle un orzamento previo á certificación adaptado á realidade do seu monte, de xeito que coñeza o prezo final da certificación dende o momento en que nos contrata.

CADEA DE CUSTODIA PEFC E FSC (REMATANTES E ASERRADOIROS)
cuestións máis frecuentes sobre a Cadea de Custodia

O procedemento para implantar os procedementos que conducen a poder obter o certificado de Cadea de Custodia é laborioso e minucioso pero non supón un trámite insalvable sempre que se conte co asesoramento correcto como o que ofrecemos dende CERTIFOREST.

A implantación da Cadea de Custodia PEFC e FSC implica para empresa a necesidade de:

  • Implantar un Sistema de Xestión.
  • Adoptar un método, dentro do sistema de xestión, que permita ter controlado en todo momento os produtos certificados que entran na súa cadea.
  • Cumplir a lexislación en materia de contratación, PRL e tributos.

O procedemento básicamente consiste en:

  • Implantar o Sistema de Xestión de acordo coa normativa PEFC e FSC en materia de Cadea de Custodia (do que se encarga CERTIFOREST)
  • (De non atoparse) Poñerse ao día en materia de contratación, PRL e tributos (contará co noso asesoramento)
  • Pasar una auditoría que comprobe o correcto funcionamento do Sistema de Xestión e o estado legal da empresa. Esta auditoría é realizada por unha empresa externa (contará co noso asesoramento durante todo o proceso de auditoría e ademais enacargarémonos de ofertarlle o mellor prezo de cara á realización da mesma).
  • Darse de alta no sistema PEFC/FSC para o uso de marca e logotipos (trámite que lle realizaremos nos)

As principais obrigas da Cadea de Custodia recaen en:

  • Levar un cumprimento estricto do Sistema de Xestión implantado
  • Someterse a unha auditoría externa, ao menos, unha vez ao ano para a revisión por parte dunha terceira parte independente do cumprimento correcto do Sistema de Xestión.
  • Atoparse ao día en materia de contratación, PRL e tributos.

O custo de implantar e manter a Cadea de Custodia varía en función da complexidade da súa empresa (actividades, número de empregados, instalacións,...).

Básicamente responden a:

  • Custo de implantación do Sistema de Xestión
  • Custo de realización da auditoría externa inicial
  • Custo das auditorías anuais

Dende CERTIFOREST realizarémoslle un orzamento adaptado á natureza da súa empresa e sempre buscando as mellores ofertas do mercado en  materia de auditorías.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos