A Certificación Forestal, a nivel de propietarios particulares e comunidades de montes, e a Cadea de Custodia, a nivel de empresa, convértense nunha oportunidade de engadir un valor económico á madeira respectando a protección medioambiental.
Realizamos todo o procedemento e asesorámolo de principio á fin para a súa tranquilidade.
A entrada en vigor da Lei de Montes de Galicia implica a necesidade da realización dun Proxecto de Ordenación para o seu monte ou a actualización do xa existente; convértese, por lei, na primeira reinversión de beneficios que está obrigado a facer.
Os Plans de Corta son de obrigada realización cando se pretenda aproveitar unha masa de frondosas de máis de 1 ha.
Dispoñemos de asesoramento legal e fiscal para dar resposta aos seus problemas.
Unha das novidades máis significativas do RD 1311/2012 é a figura do asesor como técnico competente en sanidade vexetal.
Infórmese sobre a necesidade ou non de contar cun asesor na súa explotación ou comercio. Non se deixe enganar nin cometa o erro de pagar por servizos non necesarios ou abusivos.
De ser necesario facilitámoslle o traballo actuando como Asesores. Consúltenos.